Abril 26, 2012
· Filed under Sen clasificar

Como todos cando entramos nun blog so miramos as imaxes, aforro palabras para presentar a Aryz, un artista indoor/outdoor nado en Barcelona de 22 añitos (a flipar) que atopo a través de Jeaniejeanie.

Ten unha páxina moi completita. Un blog.

Un flickr. Un facebook.

…e toneladas de imaxinación e color!.
Abril 18, 2012
· Filed under Sen clasificar

Escapándome da rúa, boto unha mirada sobre unha serie de artistas que práctican técnicas clásicas de pintura, tan figurativa como desacougante.

Arranco cos barroquizantes paisaxes – animais – bodegóns de Martin Wittfooth, que enlaza a pintura barroca máis delirante co movemento surrealista.
Adam Miller tiñe de contemporaniedade a pintura de bastidor do século XVIII e o simbolismo nonacentista.

É, para rematar, Jason B. Yarmosky aborda con técnicas clásicas unha visión irónica sobre algúns dos iconos contemporáneos máis coñecidos, dotándolles de paso dunha inquedante humanidade.

Abril 13, 2012
· Filed under Sen clasificar
Remexendito por esas páxinas do mundo adiante atópome con Kunkle. En canto vexo a súa obra quedo en shock e penso que eu quero probar a facer algo así.

Todo o tempo penso que é un autor centroeuropeo, non so polo nome, máis ben por que o uso de dourado (de feito penso que é ouro de verdade) remíteme a tradición dos iconos bizantinos pero, sobre todo, a Klimt.

Logo resulta que o señor Kunkle é de Pensilvania e vive e traballa, como non, en Nova Iorque. Na súa obra atopamos unha exaltación da natureza do entorno rural no que medrou, tratada cunha actitude sacra que achéganos aos artistas prerafaelistas.

Ten facebook, por si vos apetece decirlle guarradas.
Abril 11, 2012
· Filed under Sen clasificar
Para iniciar esta mañá de choiva paro pola páxina de Alberto Seveso, un magnífico fotógrafo e ilustrador…

…eu o coñecía polas fotografías tuneadas de ondas tintadas retorcéndose…

…un conceto sinxelo cun resultádo enormemente onírico…

…pero ademais é un retratista e fotógrafo comercial enormemente orixinal…

…unha delicia técnica. A mollarse todos!

Abril 10, 2012
· Filed under Sen clasificar
Xa tempo había que non pasaba por Jeanniejeannie e cando paso atopo a páxina chea de perliñas. Vou escoller dúas para esta mañanciña de tempo húmido.

A primeira e unha recopilación da obra do artista suizo Felice Varini, que traballa intervindo no medio urbano e arquitectónico para crear trampas visuais mediante o uso da perspectiva. A pesares de tanta xeometría e calculo racional eu tendo a pensar que cousas como estas so pode facelas un tolo…magnífico, pero tolo.

A segunda deíxame máis tranquilo en canto a saude mental da súa creadora, ainda que cando un imaxina todo o traballo manual que precede á instalación da obra, pois igual debería replantearse un par de cousas.

O traballo está englobado dentro do Geode Street Art Project, realizado por Paige Smith, pertencente ao colectivo Acommonname.

O resultado e o procedemento é enternecedor…sustituir ladrillos e tapar irregularidades de arquitecturas e elementos urbáns con pequenas xeodas de papel plateado o dourado. Cada unha das formas piramidais está cortada, pegada e pintada a man…así que xa podedes imaxinar o tempo invertido. Na páxina do proxecto un mapiña para que localicedes os lugares das intervencións.
Marzo 15, 2012
· Filed under Sen clasificar
Con máis tempo do habitual, máis tempo teño para darlle meneos a miña carpeta de favoritos e ir desempolvando algunhas ligazóns que tiña algo paradas.
Nun primeiro meneo atopo dúas referencias de aromas orientais.

En Jeaniejeani atopo esta reportaxe fotográfica do Wisteria Tunnel no xardín Kawachi Fuji (Kitakyushu, Xapón), que podería ser o contrapunto aos bonsais frikis de Takanori Aira, que parecen o resultado de miniaturizar o bosque dos ewoks.

Dan ganas de facerse pequeno e meterse nun deles.
Febreiro 27, 2012
· Filed under Sen clasificar
Un post en B/N

STEN AND LEX

NOSBE, by VITOSTREET

SATTERUGLY, en México, por Mala-Influencia.
Pipeados en Ekosystem.
Febreiro 6, 2012
· Filed under Sen clasificar
Tirando do fío: Primeiro atopeino en Urban Art Core, onde aparecía destacado dentro do mellor feito nas rúas durante o ano 2011.

Logo saltei a Today and Tomorrow, onde falaban máis do proxecto «Eternal Flame»: Retratos realizados mediante materias compustibles e cocktails molotov como homenaxe aos soldados soviéticos que con estas rudimentarias armas enfrentáronse ás tropas nazis durante a II Guerra Mundial.

O resultado de todo o proceso, con estupenda cobertura fotográfica, o podes ver na web do seu autor: T-Radya.
Vai a ela leído que está en ruso.

Xaneiro 16, 2012
· Filed under Sen clasificar
Chego a Maldito Columpio a través de Cacahuete (Clara). Moita vida, moito día a día neste blog.
Esceas que parecen da miña mesma casa, o que supoño que significa que parecen da casa de todos.

Neste blog aparecen as súas ilustracións xunto con textos de Juan e demáis curiosidades.
Ela, coma min, e salvando as distancias, tamén é moi aficionada a ir recollendo a evolución dos seus cuadros, ainda que penso que é moito máis rápida e máis mellor…

Sempre acabo de bo humor cando vexo o que fai.
Xaneiro 12, 2012
· Filed under Sen clasificar
Esperando que todos voltárades con ben das natalicias festas, unha vez solventados os problemas técnicos da miña conexión a internet, póñome ao día visitando as miñas páxinas favoritas para atoparme en ARTSKILLS esta xoia: Guy Laramee, un artista que realiza instalacións con materiais peculiares (páxaros mortos, por exemplo) e que acaba de realizar un proxecto chamado Biblos, no que realiza recreacións paisaxísticas e monumentais a base de libros esculpidos (poño esculpidos por que non podo imaxinar un verbo máis axeitado). Non falamos de cousas pequenas, falamos de proxectos como o Cañón do Colorado a base de libros.

Espectacular. Que teñades bo ano.