Archive for Xullo, 2007

OS BORBÓNS EN PELOTAS/ HARD-CORE

losborbonesenpelotas-06.jpg

NESTES DÍAS INCERTOS DE CARICATURAS ANTIPATRIÓTICAS RECUPERO A TARVÉS DOS BLOGS LA CARCEL DE PAPEL E CRETINOLANDIA AS MOI BUSCADAS CARICATURAS FEITAS SOBRE A RAIÑA ISABEL II (BORBÓN) E A SÚA CORTE DE TREPAS E MISERBLES MANIPULADORES. ENTRONIZADA DE NENA, TODO O MUNDO MANDABA MÁIS QUE ELA.

losborbonesenpelotas-05.jpg

A RAIÑA, CRIADA POR AQUELES QUE QUERÍAN ASEGURAR A SÚA MANIPULACIÓN (CREGOS E MILITARES) DESENVOLVEU UNHA PERSOALIDADE DIN QUE CAPRICHOSA E ALGO NEURÓTICA, QUE TIVO COMO UN DOS SÍNTOMAS UNHA SEXUALIDADE COMPULSIVA

losborbonesenpelotas-04.jpg

 O CERTO E QUE AS CARICATURAS MOSTRABAN CON CERTEZA A CORRUPCIÓN MORAL QUE RODEABA AQUELA CORTE ONDE MANDABA QUEN MÁIS MANIPULABA. ERAN UNHA CRÍTICA DOS SECTORES DO LIBERALISMO POLÍTICO E CULTURAL CARA UNHA INSTITUCIÓN ANQUILOSADA, CORRUPTA E INEFICAZ.

losborbonesenpelotas-03.jpg

POR POÑER UN EXEMPLO DA CALAÑA DESTA CORTE QUE REXÍA OS DESTIÑOS DE ESPAÑA, AQUÍ APARECE UNHA MONXA CHAMADA SOR PATROCINIO DE LAS LLAGAS QUE SE PRODUCÍA FERIDAS PARA SEMELLAR QUE  APARECERANLLE FERIDAS COMO AS DE CRISTO. POIS ESTA MONXA ULTRATRADICIONALISTA ERA A CONSELLEIRA PERSOAL DA RAIÑA.

losborbonesenpelotas-08.jpg

SE O XUIZ DEL OLMO QUERE ACTUAR O TEN DIFÍCIL, OS AUTORES DESTAS LÁMINAS MORRERON…UNS IRREVERENTOS: OS DOUS IRMÁNS GUSTAVO ADOLFO (TEXTOS) E VALERIANO (PINTURAS) BÉCQUER. UN EXEMPLO DE COMO O QUE É CONSIDERADO IRREVERENTE PODE SER XUZGADO CUN PRISMA MOI DIFERENTE CO PASO DO TEMPO.

EU UTILIZO EN CLASE ESTE MATERIAL COS MEUS ALUMNOS E ESTOU SEGURO QUE CO PASO DO TEMPO, A ACTUACIÓN DO XUIZ SERÁ CONSIDERADA UN ANACRONISMO POSTFRANQUISTA TARDÍO, E AS CARICATURAS DE EL JUEVES – IGUAL ESTAS NON, PERO MIRA QUE LEVAN TEMPO SENDO INXENIOSOS E ACERTADOS – APARECERAN NOS LIBROS DE HISTORIA COMO EXEMPLO DE CRÍTICA INXENIOSA A UNHA INSTITUCIÓN ANACRÓNICA COMO A MONARQUÍA.

Comments off

ESTA SI QUE É BOA….

out5.jpg

ZEUS É UN GRAFITERO QUE PRACTICA UNHA MODALIDADE LIMPA. PARA EVITAR SANCIÓNS POR VANDALISMO NON PINTA, LIMPA AS SUPERFICIES URBANAS CHEAS DE MUGRE E SUCIEDADE.

out6.jpg

ESPECIALMENTE ESAS SUPERFICIES MARCADAS POLAS EMISIÓNS DOS COCHES

out1.jpg 

MEDIANTE ESTE SISTEMA DEIXA AS SÚAS MENSAXES E DEBUXOS…

out4.jpg

…CONSEGUINDO QUE AS AUTORIDADES AS BORREN (!!).

CONCLUSIÓN: AS AUTORIDADES NON CONSIDERAN SUCIEDADE AO GRAFITTI, SE NON A MENSAXE.

VISTO EN URBANOPHIL

Comments off

K R I J N

plastic.jpgmanuel.jpggirl.jpgraoul.jpg

PAGA A PENA BOTARLLE UN VISTAZO Á OBRA DE KRIJN VAAN NOORDWIJK

ware.jpgsmoke.jpgangga.jpg

ATOPEINO POSTEADO EN REBEL:ART

Comments off

ELECTROLITE

driver8.jpg

cow.jpg

bigtex.jpg

SHANNON RICHARDSON E AS SÚAS FOTOS EN BLANCO E NEGRO, COMA SEMPRE É UN GUSTO PASARSE POLA PÁXINA GAÑADORA DO MELLOR BLOG FOTOGRÁFICO DO ANO PASADO, E ADEMÁIS…

electr4.jpg

…ENTRAN GANAS DE VIAXAR, ¿NON SI?.

Comments off

ARTE PORTUARIO

DÚAS VISIÓNS DO FEITO ESCULTÓRICO QUE ACONTECE NO PORTO DE VIGO. PRIMEIRAMENTE, DE COSTAS, UNHA FERMOSA VACA PESCADORA – SEN DÚBIDA RECOLLE Á PERFECCIÓN O SENTIR MARIÑEIRO DA CIDADE DE VIGO – RODEADA DE PROTECCIÓNS – COMO UN SANFERMÍN A INVERSA, QUE APROPIADO POLAS DATAS- CUN FONDO ARQUITECTÓNICO QUE RECOLLE A ESENCIA DA NOSA URBE: O PROXECTO DE CENTRO COMERCIAL QUE LIBRA AOS HABITANTES DO CASCO VELLO DE ESE ACONTECEMENTO NON URBANIZABLE QUE COÑECEMOS COMO RÍA. FERMOSA ESTAMPA, QUE DUDA CABE!!

abrindo042.jpg 

COMO CASTIGADA POR QUERER NADAR (AQUÍ NON SE NADA, SE EDIFICA PERDEDOR!!) A ESTATUA DE LEIRO VIVE O SEGUNDO CUMPLEANOS DA SÚA MÁSCARA TURÍSTICA. COMO PARA RECORDARLLE QUE ESE MÁR ONDE NADABA E AGORA PROXECTO DE HOTEL DE LUXO (SEÑOR ALCALDE, FAGA COMO O RESTO DOS POLÍTICO E INCUMPLA AS SÚAS PROMESAS). MENTRES, O NOSO NADADOR POSA PARA OS TURISTAS COMO UN FAMOSO DO TOMATE: A CARA TAPADA.

abrindo031.jpg

NOTA: PARA OS NON VIGUESES, ESTAS DÚAS IMAXES ESTÁN SACADAS DIANTE DO PEIRAO DE TRANSATLANTICOS, TEORICAMENTE A MELLOR DAS CARAS QUE QUEREMOS OFRECER AOS TURISTAS.

Comments off