Archive for Abril, 2009

ESPECIAL SEMANA SANTA

SE ESTÁS PASANDO O TEMPO NAVEGANDO EN INTERNET E TIRANDO O TEMPO CAS APLICACIÓNS CUTRES DE FEISBUK PODES FACER UN STOP E BOTAR UN VISTAZO A ESTA SERIE DE PEDAZO PÁXINAS.

POR EXEMPLO, AS OBRAS DE JUSTICE, UNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA DA CREMITA DO URBAN ART BAIXO O TEMA COMÚN “LEI E ORDE”.

MÁIS: A SIMPATIQUÍSIMA OBRA DE JUSTINE LAI, UNHA ARTISTA DE FRISCO QUE PRESENTA COMO NOVIDADE UNHA SERIE DE AUTO-RETRATOS SEUS MANTENDO SEXO COS PRESIDENTES DE EE.UU.

TEMOS A SERIE DE IRI5 GHOST IN THE MACHINE, UNHA SERIE DE RETARTOS MUSICAIS FEITOS CON TAPES RECICLADAS.

POPPY VAN OORDE, UN PINTOR COMUNITARIO QUE TEN UNHA SERIE PRECIOSA DE TRABALLOS FEITOS EN ACUARELA SOBRE O ASFALTO – POUCAS COUSAS PODEN SER MÁIS EFÍMERAS – NOS QUE PLASMA O ENTORNO PERMANENTE, PERO TAMÉN OBRAS MAGNÍFICAS REALIZADAS CON NENOS ABORÍXENES AUSTRALIANOS.

E PARA FINALIZAR, OS DEBUXOS EN LUZ DE BRIAN MATTHEW…ENCÁNTANME OS DEBUXOS EN LUZ!!!

UN MANIFESTO ANEXO: ESTOU FARTO DE QUE AS MIÑAS VACACIÓNS ESTEAN DISFRAZADAS DE MOTIVOS RELIXIOSOS: SEMANA SANTA, NADAL…OS QUE TEMOS O BENEFICIO DAS VACACIÓNS, INCLUSO OS QUE TEMOS MÁIS VACACIÓNS DAS QUE MERECEMOS, EXERCEMOS UN DEREITO LABORAL QUE DEBERÍA ENTENDERSE DE XEITO LAICO. ESPERO QUE CHOVA EN TODAS AS PROCESIÓNS, XA ESTÁ BEN DA IGREXA TOMANDO AS RÚAS E TOMANDO O CALENDARIO!!!!

FELICES VACACIÓNS E A DESCANSAR O ÁNIMO!!!

Comments off