Archive for Xaneiro, 2011

NADA QUE PERDER

CREO QUE ASÍ CHÁMASE A WEB DE MONSIEUR QUI. TRABALLA DENTRO E TRABALLA FORA.

CON ELEGANCIA E VERSATILIDADE…GRAFITTI, POSTERS, STICKERS, ILUSTRACIÓNS CON ESTÉTICA 50´s, DECORACIÓN DE OBXECTOS COMO PORCELANAS, XOGUETES, MATERIAL DE SKATE, ETC…

SE QUERES VELO, TEN OBRAS POLO MUNDO ADIANTE E, COMO NON, EN PARÍS…

TODO FEITO A MAN

Comments off

S E X O R A R O

VALE. ANTICICLÓN. FRÍO. CEOS CRISTALINOS. PARA COMBATIR O DESCENSO DAS TEMPERATURAS, OUTRO MÁIS, UNHA VISITA Á PÁXINA QUE MOSTRA O TRABALLO DE SANDRA TORRALBA, CO ESTIMULANTE NOME DE ESTRANGED SEX. UN FEIXE DE PERVERSIONES QUE NESTES TEMPOS DA COMUNICACIÓN GLOBAL XA PERTENCEN Á CULTURA ERÓTICA DA COMUNIDADE CIBERNAUTICA, NESTE PROCESO DE SUSTITUIR A VENUS E AS NINFAS POR ASIÁTICAS DISFRAZADAS.

ALGO DE CALOR, TAL VEZ UN SORRISO.

Comments off

MIRA QUE É SIMPÁTICO LI WEI!!

DE VERDADE, EU QUERO QUE LI WEI SEXA AMIGO MEU E PREPARAR CON EL POSTALES DE NADAL EN GRAVEDADE CERO PATATERO.

DÁNDOLLE VOLTAS A BLOG QUE NON VISITABA HAI TEMPO, PASEI POR A DESGANA, SEMPRE INTERESANTE, PARA ATOPARME UNHA REFERENCIA Á GALERÍA PARÍS – BEIJING, QUE ULTIMAMENTE ATOPO EN MOITOS SITIOS ( A VER SE OS CONTROLEITORS DEIXANME VISITALA FISICAMENTE UN DÍA DESTES). UN DOS ARTISTAS QUE DITA GALERÍA TEN EN CATÁLOGO E LI WEI, E QUEDEI FASCINADO (COMILLAS) CAS SÚAS FOTOS.

LIWEI, QUE TEN PÁXINA PROPIA, TAMÉN TRABALLA VIDEO E INSTALACIÓNS. TEN COUSAS FEITAS EN ESCENARIOS ESPAÑOIS (FOTOS EN PRÁZAS DE TOROS OU CAS TORRES PICASSO AO FONDO). EN TODO O SEU TRABALLO O ELEMENTO QUE ESTÁ MÁIS PRESENTE É UN SENTIDO DO HUMOR ABSURDO, COMO TEN QUE SER, E ALGO IRREVERENTE.

Comments off

A OBRA TRIDIMENSIONAL DE HENRIQUE OLIVEIRA

VAI TEMPO QUE TEÑO NOS MARCADORES A PÁXINA DE HENRIQUE OLIVEIRA. ESTE ARTISTA BRASILEIRO, DE SAO PAULO, TRABALLA A PINTURA E DESTACA, SOBRE TODO, POLA SÚA OBRA “TRIDIMENSIONAL”, REALIZADA CON MADEIRAS RECICLADAS, ALGUNHAS EN DIFERENTES ESTADOS DE APODRECEMENTO…

AS FORMAS NACEN DAS PAREDES, COMO SE O EDIFICIO ENTRARA NUN PROCESO DE MUTACIÓN ORGÁNICA.

A IDEA NACE DA CONVIVENCIA EN SAO PAULO CON MATERIAIS DE DESECHO SOMETIDOS A INTEMPERIE NO CLIMA ECUATORIAL.

O RESULTADO GANA POTENCIA POLO CONTRASTE EXISTINTE CON ENTORNOS MUSEÍSTICOS CONVENCIONAIS

Comments off

ROXINATION

ENCANTOUME ESTA ILUSTRACIÓN DE ROXINATION, UN ILUSTRADOR DE BROOKLYN CON TOQUES CLÁSICOS (TIPO COMIC 50´S), BASTANTE IRONÍA E UN SENTIDO COLOSAL DA COR. O SEU NOME: ROXIE VIZCARRA. TAMÉN TEN BLOG, CON BOCETOS, QUE SEMPRE MOLA MOITO O TRABALLO EN PROCESSSSSSSO.

Comments off

JU DUOQUI: PASIÓN VEXETAL.

PROPOSITO DE ANINOVO: LEVAR UN POUCO MÁIS O DÍA O BLOG (E DOADO, ANDABA A MONTE). MENOS XOGOS E MENOS FEISBUK E ACTUALIZAR ALGUNHA VEZ A SEMANA OS CONTIDOS, MÁIS QUE NADA POR QUE ESO OBRIGA A DARSE UN GARBEO POR AHÍ PARA VER QUE FAI A XENTE, E CANDO VEXO O QUE FAI A XENTE SEMPRE ME APETECE FACER ALGO A MIN, E TODO MELLORA EN XERAL…

ASÍ QUE ARRANCO CON ESES PROPÓSITOS E CON BO HUMOR REMITO Á PÁXINA DUNHA GALERÍA PARISINA ONDE PODEMOS VER AS FOTOGRAFÍAS DE JU DUOQUI, UNHA SERIE QUE LEVA O MAGNÍFICO TÍTULO DE “AS AVENTURAS DUNHA LEITUGA CHINA”…SOBRAN EXPLICACIÓNS…

…PERO SE QUEDADES CON GANAS PODEDES VISITAR A SÚA SERIE “O MUSEO VEXETAL“, TOTALMENTE DELIRANTE.

UN BICO A TODOS

Comments off