Archive for Setembro, 2011

MICAH GANSKE E HEIKE WEBER

DÚAS COSIÑAS PARA IRNOS DE FIN DE SEMANA. A PRIMEIRA UN ENLACE Á PÁXINA DO INQUEDANTE DEBUXANTE-PINTOR HAWAIANO, RESIDENTE EN NY,  MICAH GANSKE, QUE TRABALLA EN FORMATO GRANDE E MOITO DETALLE, E É CAPAZ DE COMBINAR UNHA CERTA PAZ CUNHA SENSACIÓN DE ANGUSTIA, O ESO PENSO EU.

A SEGUNDA A COLLÍN DE JEANNIEJEANNIE, ONDE ATOPEI A HEIKE WEBER, UNHA ARTISTAZA ESPECIALIZADA EN DELIRANTES INSTALACIÓNS, AINDA QUE TAMÉN ESCULPE, FOTOGRAFÍA, REALIZA VIDEOS, ETC.

AS SÚAS INSTALACIÓNS QUE MÁIS ME CHAMARON A ATENCIÓN FORON DEBUXADAS CON ROTULADORES MARCADORES, E SON PURITITO DELIRIO DE PACIENCIA. O EFECTO: MARES, TAL VEZ MAPAS TOPOGRÁFICOS. NON VOS PERDADES AS SÚAS ALFOMBRAS DEBUXADAS CON SILICONA.

Comments off

ALBERTO GUITIÁN EN AIRA DAS LETRAS

OLAS. ESTE VENRES 30 DE SETEMBRO ESTARÁ NA ESTUPENDÍSIMA LIBRERÍA AIRA DAS LETRAS (ALLARIZ) O DEBUXANTE GALEGO ALBERTO GUITIÁN.

COLABORADOR DE REVISTAS COMO EL JUEVES O RETRANCA, GUITIÁN CARACTERÍZASE POLA POLIVALENCIA, ABORDANDO HUMOR SOCIAL, DEBUXO ROMÁNTICO, CARTELISMO E O QUE FAGA FALLA.

SE COMPRAS O SEU NOVO LIBRO “O CIRCO DAS LORZAS” PODES ASISTIR A UNHA CLASE SÚA DE DEBUXO.

…ESQUECÍAME…E O DEBUXANTE DE FITO E PITA.

Comments off

LUZINTERRUPTUS

LUZINTERRUPTUS SON UN COLECTIVO DE ARTISTAS ESPAÑOIS QUE TRABALLAN EMPREGANDO MATERIAIS COMÚNS (COMO COMPRESAS, COAS QUE FAN UN “ARBOL ALADO”) E, SOBRE TODO, LUZ.

AS SÚAS INTERVENCIÓNS ESTÁN PENSADAS PARA ESPACIÓS PÚBLICOS, ESPECIALMENTE URBÁNS. ALGUNHAS DELAS ESTÁN CARGADAS DE CRÍTICA (HOMES RADIACTIVOS) E OUTRAS CAMIÑAN POLO ARAMIO ENTRE A IRONÍA E A LÍRICA, COMO O REALIZAR COXÍNS LUMINOSOS CHEOS DE FOLLAS E DEIXALOS ABANDOADOS EN PARQUES PÚBLICOS SEN VEXETACIÓN.

PODEDES ATOPALOS EN URBANARTCORE

Comments off

BLEEPS DE GRECIA

OS GREGOS DE BLEEPS ESTÁN CABREADOS COA CRISE E O TRASLADAS AS SÚAS OBRAS, TANTO NA RÚA, COMO DIXITAIS. PAPÁ BANSKY ESTÁ NAS SÚAS INFLUENCIAS, QUE APARECEN, COMO NON PODE SER DOUTRO XEITO, CHEAS DE REFERENCIAS AO MUNDO DA HELENIDADE CLÁSICA.

“WC”

UNHA POUCA DE ARTE URBANA INDIGNADA.

“Viva la Revoluciόn”

Comments off

“EL MAC” E RETNA

EXISTE OUTRO MAC, “EL MAC”, ESTE DE L.A., CHICANO, CUN TRABALLO QUE RESULTA UNHA MEZCLA ENTRE O GRAFFITI CLÁSICO, A CULTURA POP E OS GRANDES DA PINTURA BARROCA. PINTA SOBRE PAREDE, SOBRE LIENZO, SOBRE VAGÓNS, CUNHA CALIDADE QUE NOS PARECE CASI FOTOGRÁFICA.

TRABALLA EN VARIOS FORMATOS, ENTRE ELES OS DE GRANDES MAGNITUDES, ENORMES FACHADAS. CON MOITA ICONOGRAFÍA NATIVA E CUNHA INTERESANTE COMBINACIÓN ENTRE PINTURA E DEBUXO, CON MOITA FORZA E CON TRAZO MARCADO, AINDA QUE ESTE TRAZOS SEXAN DE SPRAY.

SON ESPECIALMENTE INQUEDANTES O SEUS TRABALLOS EN MÉTODO BRUSH, TANTO SOBRE TABOA COMO PAPEL.

TEN COLABORADO CON RETNA, UN PINTOR ABSTRACTO CASI CALIGRÁFICO, QUE O MESMO DECORA UNHA BOMBONA QUE UN AVIÓN. TEN UN BLOG MOI COOL O RETNA ESTE, PARECE INTEGRADO NOS CIRCUITOS PUDIENTES.

MENTRES ANDO VOLTAS POLO QUE OUTROS TRABALLAN, CON TANTA CALIDADE,

Comments off

O FIN DO VERÁN

ANIMADO CON NOVAS FORZAS E LOITANDO CONTRA A DOR DE MOAS, INICIO SETEMBRO CON UN POST EN ARBUSTÍCOLAS.

COMO UN SEMPRE RETORNA DAS VACACIÓNS CON ANIMOS DE CAMBIO, VOU A SEGUIR O CONSELLO DE APARTMENTHERAPY: “SALVA O MUNDO, UNHA HABITACIÓN CADA VEZ”, E VOU A ANOTARME ESTA HABITACIÓN TUNEADA MEDIANTE CONOS DE CARTULINA…

A CONTINUACIÓN E TEMPO DE ABRIR AS MALETAS E ORDEAR TODO O MAREMAGNUM ESTIVAL…POR ORDEAR QUE NON SEXA…EN JEANNIE JEANNIE (MOI COOL) URSUS WEHRLI O PON TODO EN ORDE…TODO!!

INCLUINDO AS EXPERIENCIAS VACACIONAIS. UNHA APERTA NESTE RETORNO.

Comments off