Archive for Outubro, 2011

BARRROCKO

ALGO RECARGADO. ALGO EXCESIVO. TODO MOI DIFERENTE ENTRE SI.

VAI POR DIANTE A GALERÍA FOTOGRÁFICA, CON MOITO DE EROTISMO, DO TANDEM AMERICANO XAPONÉS MI-ZO. ASIÁTICAS CON CARA DE CABREO EN ROUPA INTERIOR, FOTOGRAFÍA RETOCADA, CERO NATURALIDADE.

AVANZO ESTA MOSTRA MOI NA LIÑA DA FOTOGRAFÍA HEROICA ASIÁTICO-TOTALITARISTA (HEROICA, NON ERÓTICA).

AS PINTURAS DE RADIANDESING SON PERTURBADORAS. TÉCNICAS TRADICIONAIS QUE ARRANCAN DA PINTURA ROMÁNTICA E BARROCA, CON ELEMENTOS PROPIOS DA ILUSTRACIÓN SCI-FI E RETOQUE INFORMÁTICO. TEDES PARA ESCOLLER.

PERO O DIPLOMA Á DELIRANCIA É PARA KATSUYO AOKI, QUE ARRANCA DA TRADICIÓN CERAMISTA ASIÁTICA – SI, SON CERÁMICAS – PARA MARCARSE ESTAS OBRAS MACABRAS E EXCESIVAS:


Comments off

GRAAAANDEEEEE

CHEGOU A CHUVIA E QUENTIÑO E SECO NA CASA PÓÑOME A MIRAR COUSAS GRAAAANDEEEES…RECORDÁNDOME ESE AGOSTO EN BERLÍN, CIDADE DE MAGNÍFICOS MUROS, ATOPO O NOVO MURAL DE BLO.

BLO PERTENCE A DA MENTAL VAPORZ, UN COLECTIVO AMIGO DAS GRANDES SUPERFICIES E DAS ACTUACIÓN COLABORATIVAS, COMO A QUE FIXERON EN BREST: CRIMENS OF MINDS.

PERO O DESCUBREMENTO QUE MÁIS ME MOLOU ESTA SEMANA, E XA SALTANDO O CHARCO, FOI O DE PIXELPANCHO, ATOPADO EN EKOSYSTEM.

TAMÉN PODESDES ATOPAR OS SEUS ROBOTS EN FLICKR.

Comments off

MAX

MAX É UN CLÁSICO QUE NON IMOS A DESCUBIRI A NINGUÉN, PERO NUNCA ESTA MAL DARSE UNHA VOLTA POLO MUNDO DE ESTE CREADOR QUE VIAXOU DESDE PETER PUNK ATA O BABELIA DO PAÍS. EU ANDO ENGANCHADO AO SILLÓN DE OREJAS DE RIVERO, DO QUE É O ILUSTRADOR, E DO QUE SAE ESTA ILUSTRACIÓN.

ATOPEI UNHA GALERÍA DAS ILUSTRACIÓNS EN BABELIA NUNHA SIMPÁTICA PÁXINA CHAMADA UI AR  DE JAPIS.

MAX LEVA ADEMÁIS O SEU PROPIO BLOG, QUE ACTUALIZA CON CERTA FRECUENCIA, CON UN LISTADO DE ENLACES DO MÁIS ESTIMULANTE, PERO NON MÁIS QUE O SEU TÍTULO: EL HOMBRE DUERME, EL FANTASMA NO.

Comments off

COLECTIVO EN ROTHERDAM

Comments off

PINTURAS A BOLI BIC DE JUAN FRANCISCO CASAS

HAI XA ALGÚNS ANOS ATOPEIME CON CASAS NUNHA REPORTAXE SOBRE ALUMNOS DE BELAS ARTES BECADOS EN ITALIA. O SEU PLANTEXAMENTO DE TRABALLO É SINXELO: IMAXES CUNHA ICONOGRAFÍA MOI ACTUAL (RETRATOS TIPO REDE SOCIAL DESINIBIDOS XUVENÍS) TRATADOS MANUALMENTE.

ESTA SIMPLICIDADE DE BASE TRADÚCESE A UNHA TOLEMIA NA EXECUCIÓN: TRASLADAR IMAXES POLAROID A GRAN FORMATO EMPREGANDO UNICAMENTE BOLÍGRAFOS AZUIS BIC.

O RESULTADO É DELIRANTE, SORPRENDENTE E ARREBATADOR. VOLVÍN A VER SOBRE O SEU TRABALLO EN JEANIEJEANIE QUE CADA VEZ MOLA MÁIS.

Comments off

OZMO

EN URBANARTCORE ATOPO ESTE POST SOBRE O ITALIANO OZMO, QUE ME DEIXA PENSANDO O INTERESANTE QUE SERÍA FACER UNHA RECOPILACIÓN SOBRE PEIXES E ARTE URBANO, XA QUE PENSO QUE SON OS ANIMAIS MÁS LEVADOS ÁS PAREDES DAS NOSAS CIDADES. ESTOU A PREPARAR UNHA NOVA TANDA DE STICKERS E MOITOS DELES SON ANIMAIS ACUÁTICOS.

Comments off