Archive for Novembro, 2011

PALE HORSE E TIM MCDONAGH

Navegandito, navegandito, atópome ao diseñador coñecido por PALE HORSE, un tipazo que traballa con estética comic mixturado con cultura serigráfica varada entre os eventos WWF e a música heavy dos oitenta despois de chocar con un arrecife de ácido e de grafitti skate.

Así que rascándome a cabeza, lémbrome que hai unhas semanas atopeime coa páxina de McDonagh, que traballa con unha estética moi similar, ainda que con palos temáticos máis suaves, xa que incluso ten feito debuxos da miña adorada Joanna Newson.

Sen animo de entrar en comparacións en canto a calidade, detrás de McDonagh existe un universo enfermizo, en canto aos detalles e a súa capacidade de trasladar o desacougante á vida cotiá que lle confire un extraño poderío.

…e ademais gústanlle os paxaros. Unha aventura o seu blog.

Comments off

DALEAST

DALeast, DAL, é un artista chinés que traballa street art desde o ano 2004. Percorre o mundo deixando pegadas co seu estilo moi orixinal. Trazos casi bicolores: negros, grises, brancos, deixando que predomine o xesto, creando obras moi dinámicas, cheas de forza e vigor expresivo, onde os temas vinculados coa natureza, especialmente os animais, son os que están máis presentes.

Comments off

HOW & NOSM

Baixo eses nomes ocúltanse dous irmáns donostiarras, criados en Alemaña, que están a arrasar en USA. Medraron facendo obras según as premisas da escola neoirquina (moita influencia do Bronx). Viviron en moitos países e formaron parte da TATS CRU de N.I.

A primeira vez que escoitei falar deles foi en URBANARTCORE, a raiz dun mural que realizaron en L.A.

Logo volveron a sorprender cun novo mural en NY, que deixou anonadados aos medios especializados.

Así que fedellando chego ao seu flickr, ao seu blog 1 e o seu blog 2:

Dentro dos blogs podedes ver interesantes traballos de bocetaxe preparatorio do seu traballo na rúa.

Comments off

VISITANDO WOOSTER

Woostercollective é unha das miñas páxinas favoritas. Agora podemos atopar moitas de arte urbano de unha enorme sofisticación, pero wooster segue sendo unha páxina sinxela cun enfoque sinxelo: recoller obras feitas en todo o mundo, surtir de interesántísimos enlaces e non perder a cabeza con toda a paranoia arty que estivo a rodear o mundo da expresión na rúa. Máis paredes que galerías. A primeira imaxe é Nick Georgiou, que esta facendo esculturas a base de libros.

O segundo post é do meu querido VINZ,  moi apropiado para estes días de rúas revoltas. Ovos contra a diana!!

Comments off