Archive for Abril, 2012

ARYZ

Como todos cando entramos nun blog so miramos as imaxes, aforro palabras para presentar a Aryz, un artista indoor/outdoor nado en Barcelona de 22 añitos (a flipar) que atopo a través de Jeaniejeanie.

Ten unha páxina moi completita. Un blog.

Un flickr. Un facebook.

…e toneladas de imaxinación e color!.

Comments off

PINTURA ENFERMIZA (O NO)

Escapándome da rúa, boto unha mirada sobre unha serie de artistas que práctican técnicas clásicas de pintura, tan figurativa como desacougante.

Arranco cos barroquizantes paisaxes – animais – bodegóns de Martin Wittfooth, que enlaza a pintura barroca máis delirante co movemento surrealista.

Adam Miller tiñe de contemporaniedade a pintura de bastidor do século XVIII e o simbolismo nonacentista.

É, para rematar, Jason B. Yarmosky aborda con técnicas clásicas unha visión irónica sobre algúns dos iconos contemporáneos máis coñecidos, dotándolles de paso dunha inquedante humanidade.

Comments off

BRAD KUNKLE

Remexendito por esas páxinas do mundo adiante atópome con Kunkle. En canto vexo a súa obra quedo en shock e penso que eu quero probar a facer algo así.

Todo o tempo penso que é un autor centroeuropeo, non so polo nome, máis ben por que o uso de dourado (de feito penso que é ouro de verdade) remíteme a tradición dos iconos bizantinos pero, sobre todo, a Klimt.

Logo resulta que o señor Kunkle é de Pensilvania e vive e traballa, como non, en Nova Iorque. Na súa obra atopamos unha exaltación da natureza do entorno rural no que medrou, tratada cunha actitude sacra que achéganos aos artistas prerafaelistas.

Ten facebook, por si vos apetece decirlle guarradas.

Comments off

ALBERTO SEVESO

Para iniciar esta mañá de choiva paro pola páxina de Alberto Seveso, un magnífico fotógrafo e ilustrador…

…eu o coñecía polas fotografías tuneadas de ondas tintadas retorcéndose…

…un conceto sinxelo cun resultádo enormemente onírico…

…pero ademais é un retratista e fotógrafo comercial enormemente orixinal…

…unha delicia técnica. A mollarse todos!

Comments off

Anamorphic Illusions: Trampas para ollos e cristalizacións de papel.

Xa tempo había que non pasaba por Jeanniejeannie e cando paso atopo a páxina chea de perliñas. Vou escoller dúas para esta mañanciña de tempo húmido.

A primeira e unha recopilación da obra do artista suizo Felice Varini, que traballa intervindo no medio urbano e arquitectónico para crear trampas visuais mediante o uso da perspectiva. A pesares de tanta xeometría e calculo racional eu tendo a pensar que cousas como estas so pode facelas un tolo…magnífico, pero tolo.

A segunda deíxame máis tranquilo en canto a saude mental da súa creadora, ainda que cando un imaxina todo o traballo manual que precede á instalación da obra, pois igual debería replantearse un par de cousas.

O traballo está englobado dentro do Geode Street Art Project, realizado por Paige Smith, pertencente ao colectivo Acommonname.

O resultado e o procedemento é enternecedor…sustituir ladrillos e tapar irregularidades de arquitecturas e elementos urbáns con pequenas xeodas de papel plateado o dourado. Cada unha das formas piramidais está cortada, pegada e pintada a man…así que xa podedes imaxinar o tempo invertido. Na páxina do proxecto un mapiña para que localicedes os lugares das intervencións.

Comments off