Archive for Outubro, 2012

FLUX MACHINE

FLUX MACHINE

Gifs conseguidos retocando imaxes antigas. Inquedantes barra hilarantes. Boa ponte de defuntos.

Comments off

SEGUIDORES

Non adoito colgar vídeos…sei que é un coñazo ter paciencia cando este medio pide rapidez…de todolos xeitos, de estares – ou non – estresados ir ao minuto 1.45 e ampliar pantalla. Atopeino en A desgana, que o colleu de  A boite verde. Un bico.

Comments off

BAKEA

Bakea – Juan Carlos Paz – é un ilustrador español residente en Berlín. Traballaba por libre para axencias publicitarias, pero agora é coñecido por crear un mundo de seres fantásticos inventados, un animalario propio, dunha orixinal factura, lonxe do gore que impera nestes días. As imaxes, tratadas como fotografías vintage, podedes atopalas no seu flirck e no seu tumbrl.

Comments off

Nicolas de Crécy

Gusto moito de blogs como o de Nicolas de Crécy, ilustrador e debuxante de banda deseñada francés. Con debuxos cheos de xente e de lugares, con variados temas e cores e blanco e negro, e bocetos, e Portugal, e Nova Iorque, e pode que Italia…este tipo de páxinas nas que podes ver como un creador va e volve, pensa, viaxa, proba…e todo ese devenir, como vida mesma, aparece recollido…

Comments off

CADRO REMATADO

Xa rematín o cadro para Sarina. É reversible e confuso. Deixo as portas abertas a outros encargos.

Comments off

JEREMY GEDDES

Gueddes realiza unha obra moi orixinal con imaxes ultra-realistas na execución, pero dunha gran orixinalidade iconográfica baseada na suspensión do tempo en tensión co espazo, coa gravidade. Os astronautas extraidos do seu entorno e traidos ao noso, ou as persoas flotando como si astronautas foran, son as imaxes máis repetidas e abordadas de xeito tal que parecen estar cheas dun sentir místico, relixioso…

…ten web, ten blog, ten tenda e ten lista de espera para adquirir as súas obras.

Comments off

VICTO NGAI

Conexión Hong Kong – NY. O ilustrador V. Ngai cas súas imaxes que xuntan tradición asiática, onirismo e unha deliciosa sensibilidade para a cor. Bo día.

Atopado en Hifructose, unha web chea de sorpresas ilustradas.

Comments off

Christian Rex van Minnen

Christian é doente. Seguro. Podes comprobalo.

Comments off

AYAKA ITO

Comments off

CAITLIN HACKETT

Comments off