Archive for Novembro, 2012

NO PARA INNITA

Hai tempo que non visitaba o flickr da raiña/do rei das pecas “No para innita“, directamente desde Colombia. Hoxe, cafeteando, atopeime este estupendo disfraz para comezar o día con alegría.

Comments off

AMANDINE URRUTY

Amandine Urruty ama os cans e as bananas. É franchute e loiriña. Pinta con cores…con todas e ten unha grave doenza que plásmase en un acusado horror vacui…as veces. Imaxes mestizas entre seres, humáns, animais e pesadelos dunha fartura de lambetadas. Ten de todo: feisbuq, flirck e bloj.

Comments off

MUNDO PECA

Modo peca. Dermatolóxicamente falando, non verbal.

Michael Shindler é un fotógrafo de Frisco que traballa co método do colodión húmido, unha especie de barniz xelatinoso arxenteo que retén a imaxe mentres non seca…unha técnica demencial propia de comezos do século pasado e coa que fai uns retratos magníficos…modo peca.

Cara Phillips ten unha serie de retratos realizados con luz ultravioleta, un método que resalta as “imperfeccións” cutáneas, pecas incluidas.

Pero o heroe do día e Danny Santos, que ten un proxecto que consta en fotografiar descoñecidos (maiormente féminas) e citarse un ano e pico despois para revisar a fotografía e realizar unha nova reportaxe. O fundamento artístico do proxecto resulta algo difuso, pero en canto un bota un vistazo aos modelos escollidos todo parece máis claro. A peca manda, Danny!!

Comments off

ERNTS HAAS

Parece, polas cores, unha persoaxe de Hooper. Haas é un clásico da fotografía americana, a pesar de que naceu en Viena. Xunto con Cappa creou a axencia Magnum e traballou para publicacións clásicas como Life. É autor dalgunhas das imaxes máis deliciosas de Marilyn pero destocou, especialmente, pola súas experimentación con películas Kodachrome.

Comments off

BLOW JOB

Encántanme os Blow Jobs de TadaoCern. Quen quera entender que entenda.

Blow Job by TADAO CERN from Tadao Cern on Vimeo.

Comments off

OWEN GENT

Owen Gent é un ilustrador inglés noviño – 24 tacos – especializado en ilustración infantil/contos. Imaxes de casas, aldeiñas, figuras pequenas no espazo, canciños e auga. Todo é do meu gusto. Ten tumbrl con bocetos e detalles polo miudo.

Comments off