A R B U S T I C O L A S http://macnavel.blogaliza.org Tue, 27 Nov 2012 06:31:48 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 NO PARA INNITA http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/27/no-para-innita/ Tue, 27 Nov 2012 06:31:48 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1139 Hai tempo que non visitaba o flickr da raiña/do rei das pecas “No para innita“, directamente desde Colombia. Hoxe, cafeteando, atopeime este estupendo disfraz para comezar o día con alegría.

]]>
AMANDINE URRUTY http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/12/amandine-urruty/ Mon, 12 Nov 2012 19:44:32 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1129 Amandine Urruty ama os cans e as bananas. É franchute e loiriña. Pinta con cores…con todas e ten unha grave doenza que plásmase en un acusado horror vacui…as veces. Imaxes mestizas entre seres, humáns, animais e pesadelos dunha fartura de lambetadas. Ten de todo: feisbuq, flirck e bloj.

]]>
MUNDO PECA http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/08/mundo-peca/ Thu, 08 Nov 2012 07:45:49 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1123 Modo peca. Dermatolóxicamente falando, non verbal.

Michael Shindler é un fotógrafo de Frisco que traballa co método do colodión húmido, unha especie de barniz xelatinoso arxenteo que retén a imaxe mentres non seca…unha técnica demencial propia de comezos do século pasado e coa que fai uns retratos magníficos…modo peca.

Cara Phillips ten unha serie de retratos realizados con luz ultravioleta, un método que resalta as “imperfeccións” cutáneas, pecas incluidas.

Pero o heroe do día e Danny Santos, que ten un proxecto que consta en fotografiar descoñecidos (maiormente féminas) e citarse un ano e pico despois para revisar a fotografía e realizar unha nova reportaxe. O fundamento artístico do proxecto resulta algo difuso, pero en canto un bota un vistazo aos modelos escollidos todo parece máis claro. A peca manda, Danny!!

]]> ERNTS HAAS http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/07/ernts-haas/ Wed, 07 Nov 2012 10:51:28 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1115

Parece, polas cores, unha persoaxe de Hooper. Haas é un clásico da fotografía americana, a pesar de que naceu en Viena. Xunto con Cappa creou a axencia Magnum e traballou para publicacións clásicas como Life. É autor dalgunhas das imaxes máis deliciosas de Marilyn pero destocou, especialmente, pola súas experimentación con películas Kodachrome.

]]>
BLOW JOB http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/06/blow-job-3/ Tue, 06 Nov 2012 11:39:35 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1107 Encántanme os Blow Jobs de TadaoCern. Quen quera entender que entenda.

Blow Job by TADAO CERN from Tadao Cern on Vimeo.

]]>
OWEN GENT http://macnavel.blogaliza.org/2012/11/06/owen-gent/ Tue, 06 Nov 2012 07:43:18 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1087 Owen Gent é un ilustrador inglés noviño – 24 tacos – especializado en ilustración infantil/contos. Imaxes de casas, aldeiñas, figuras pequenas no espazo, canciños e auga. Todo é do meu gusto. Ten tumbrl con bocetos e detalles polo miudo.

]]>
FLUX MACHINE http://macnavel.blogaliza.org/2012/10/31/flux-machine/ Wed, 31 Oct 2012 09:43:22 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1079

FLUX MACHINE

Gifs conseguidos retocando imaxes antigas. Inquedantes barra hilarantes. Boa ponte de defuntos.

]]>
SEGUIDORES http://macnavel.blogaliza.org/2012/10/30/seguidores/ Tue, 30 Oct 2012 18:53:15 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1073

Non adoito colgar vídeos…sei que é un coñazo ter paciencia cando este medio pide rapidez…de todolos xeitos, de estares – ou non – estresados ir ao minuto 1.45 e ampliar pantalla. Atopeino en A desgana, que o colleu de  A boite verde. Un bico.

]]>
BAKEA http://macnavel.blogaliza.org/2012/10/30/bakea/ Tue, 30 Oct 2012 07:54:59 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1063 Bakea – Juan Carlos Paz – é un ilustrador español residente en Berlín. Traballaba por libre para axencias publicitarias, pero agora é coñecido por crear un mundo de seres fantásticos inventados, un animalario propio, dunha orixinal factura, lonxe do gore que impera nestes días. As imaxes, tratadas como fotografías vintage, podedes atopalas no seu flirck e no seu tumbrl.

]]>
Nicolas de Crécy http://macnavel.blogaliza.org/2012/10/28/nicolas-de-crecy/ Sun, 28 Oct 2012 09:12:26 +0000 http://macnavel.blogaliza.org/?p=1050

Gusto moito de blogs como o de Nicolas de Crécy, ilustrador e debuxante de banda deseñada francés. Con debuxos cheos de xente e de lugares, con variados temas e cores e blanco e negro, e bocetos, e Portugal, e Nova Iorque, e pode que Italia…este tipo de páxinas nas que podes ver como un creador va e volve, pensa, viaxa, proba…e todo ese devenir, como vida mesma, aparece recollido…

]]>