MUNDO PECA

Modo peca. Dermatolóxicamente falando, non verbal.

Michael Shindler é un fotógrafo de Frisco que traballa co método do colodión húmido, unha especie de barniz xelatinoso arxenteo que retén a imaxe mentres non seca…unha técnica demencial propia de comezos do século pasado e coa que fai uns retratos magníficos…modo peca.

Cara Phillips ten unha serie de retratos realizados con luz ultravioleta, un método que resalta as “imperfeccións” cutáneas, pecas incluidas.

Pero o heroe do día e Danny Santos, que ten un proxecto que consta en fotografiar descoñecidos (maiormente féminas) e citarse un ano e pico despois para revisar a fotografía e realizar unha nova reportaxe. O fundamento artístico do proxecto resulta algo difuso, pero en canto un bota un vistazo aos modelos escollidos todo parece máis claro. A peca manda, Danny!!

del.icio.us this!

Os comentarios están pechados.