EXPLICACIÓN/PRESENTACIÓN

markosciclopearbus.JPG

Contaba unha amiga, que nos parques da Cidade Antiga de Barcelona, onde ésta achégase ó porto, entre as prantas e a maleza, vivían os indixentes nunha silenciosa e case invisible comunidade, beneficiándose do clima. O certo é que un día o concello mandou talar os matorrais ca escusa de mante-la hixiene da cidade. O comentario xeralizado era que non podían consentir unha forma de vida alternativa, non regulada e non cotizadora no centro dunha das cidades mais caras. A partires de ahí fun observando que en case toda-las cidades, nos parques e xardíns, hai unha poboación que vive xunto a nos – incluso entreos setos fronte o Pazo Real de Madrid- e que levan unha vida discretísima de penurias, paralelamente a opulencia dos que maioría somos. Unha tarde na capital decidimos chamalos ARBUSTÍCOLAS.

Eu son Markos Mendiguren.