ASFALTANDO A RÍA

peiraoxxi04.jpg

Para quen este todavía a pensar no seu voto, e se considera que alguén o merece nesta cidade de Vigo, resaltar que o señor Abel Caballero participou nun concurso para decidir o diseño do futuro porto de Vigo. O proxecto, do arquitecto Jean Nouvel, costará 288 millóns de euros e consta dun hotel sobre a Ría de Vigo que deixa pequeno o Bahia e fai discreta Toralla.

2007-05-10_img_2007-05-03_023038__66-edrenr-3052007.jpg

Consta tamén dunha praia de granito (volvemos o espíritu Arca, faltan os volcáns) e unha zona chamada Parque das Mareas (igual en homenaxa a película de Barbara Estreisan) onde os materiais aparecerán e desaparecerán cos cambios do nivel do mar (algo que de pequenos podiamos ver nas rochas da praia, cando iamos xogar ás pozas). Esos si, o hotel cambia de color, o que fará que resulte preciosísimo. E tendo en conta a intervención que esta cidade fixo sobre Samil, entre esa praia e unha de granito, non habera moita diferencia. Dende Colón sairá unha ponte que irá directamente o peirao de trasantlánticos, supoño que para que os turistas non vexan a lamentable situación do casco vello. E triste ver como o 90% dos proxectos presentados son de unha enorme agresividade visual e impoñen á arquitectura a paisaxe, que eu entendo é a verdadera riqueza da nosa Ría. Señor Abel Caballero e demais candidatos, se queren facer algo polo urbanismo desta cidade tan castigada, leven a cabo o que ordenao Tribunal Superior e boten abaixo as edificacións que foron ilegalizadas e que foron aprobadas polos diferentes gobernos vigueses, e de paso, boten abaixo o Concello, que ni cambiando de color e tolerable.

del.icio.us this!

Os comentarios están pechados.