OS BORBÓNS EN PELOTAS/ HARD-CORE

losborbonesenpelotas-06.jpg

NESTES DÍAS INCERTOS DE CARICATURAS ANTIPATRIÓTICAS RECUPERO A TARVÉS DOS BLOGS LA CARCEL DE PAPEL E CRETINOLANDIA AS MOI BUSCADAS CARICATURAS FEITAS SOBRE A RAIÑA ISABEL II (BORBÓN) E A SÚA CORTE DE TREPAS E MISERBLES MANIPULADORES. ENTRONIZADA DE NENA, TODO O MUNDO MANDABA MÁIS QUE ELA.

losborbonesenpelotas-05.jpg

A RAIÑA, CRIADA POR AQUELES QUE QUERÍAN ASEGURAR A SÚA MANIPULACIÓN (CREGOS E MILITARES) DESENVOLVEU UNHA PERSOALIDADE DIN QUE CAPRICHOSA E ALGO NEURÓTICA, QUE TIVO COMO UN DOS SÍNTOMAS UNHA SEXUALIDADE COMPULSIVA

losborbonesenpelotas-04.jpg

 O CERTO E QUE AS CARICATURAS MOSTRABAN CON CERTEZA A CORRUPCIÓN MORAL QUE RODEABA AQUELA CORTE ONDE MANDABA QUEN MÁIS MANIPULABA. ERAN UNHA CRÍTICA DOS SECTORES DO LIBERALISMO POLÍTICO E CULTURAL CARA UNHA INSTITUCIÓN ANQUILOSADA, CORRUPTA E INEFICAZ.

losborbonesenpelotas-03.jpg

POR POÑER UN EXEMPLO DA CALAÑA DESTA CORTE QUE REXÍA OS DESTIÑOS DE ESPAÑA, AQUÍ APARECE UNHA MONXA CHAMADA SOR PATROCINIO DE LAS LLAGAS QUE SE PRODUCÍA FERIDAS PARA SEMELLAR QUE  APARECERANLLE FERIDAS COMO AS DE CRISTO. POIS ESTA MONXA ULTRATRADICIONALISTA ERA A CONSELLEIRA PERSOAL DA RAIÑA.

losborbonesenpelotas-08.jpg

SE O XUIZ DEL OLMO QUERE ACTUAR O TEN DIFÍCIL, OS AUTORES DESTAS LÁMINAS MORRERON…UNS IRREVERENTOS: OS DOUS IRMÁNS GUSTAVO ADOLFO (TEXTOS) E VALERIANO (PINTURAS) BÉCQUER. UN EXEMPLO DE COMO O QUE É CONSIDERADO IRREVERENTE PODE SER XUZGADO CUN PRISMA MOI DIFERENTE CO PASO DO TEMPO.

EU UTILIZO EN CLASE ESTE MATERIAL COS MEUS ALUMNOS E ESTOU SEGURO QUE CO PASO DO TEMPO, A ACTUACIÓN DO XUIZ SERÁ CONSIDERADA UN ANACRONISMO POSTFRANQUISTA TARDÍO, E AS CARICATURAS DE EL JUEVES – IGUAL ESTAS NON, PERO MIRA QUE LEVAN TEMPO SENDO INXENIOSOS E ACERTADOS – APARECERAN NOS LIBROS DE HISTORIA COMO EXEMPLO DE CRÍTICA INXENIOSA A UNHA INSTITUCIÓN ANACRÓNICA COMO A MONARQUÍA.

del.icio.us this!

Os comentarios están pechados.