Anamorphic Illusions: Trampas para ollos e cristalizacións de papel.

Xa tempo había que non pasaba por Jeanniejeannie e cando paso atopo a páxina chea de perliñas. Vou escoller dúas para esta mañanciña de tempo húmido.

A primeira e unha recopilación da obra do artista suizo Felice Varini, que traballa intervindo no medio urbano e arquitectónico para crear trampas visuais mediante o uso da perspectiva. A pesares de tanta xeometría e calculo racional eu tendo a pensar que cousas como estas so pode facelas un tolo…magnífico, pero tolo.

A segunda deíxame máis tranquilo en canto a saude mental da súa creadora, ainda que cando un imaxina todo o traballo manual que precede á instalación da obra, pois igual debería replantearse un par de cousas.

O traballo está englobado dentro do Geode Street Art Project, realizado por Paige Smith, pertencente ao colectivo Acommonname.

O resultado e o procedemento é enternecedor…sustituir ladrillos e tapar irregularidades de arquitecturas e elementos urbáns con pequenas xeodas de papel plateado o dourado. Cada unha das formas piramidais está cortada, pegada e pintada a man…así que xa podedes imaxinar o tempo invertido. Na páxina do proxecto un mapiña para que localicedes os lugares das intervencións.

Comments off

JAPAN MAX – MIX

Con máis tempo do habitual, máis tempo teño para darlle meneos a miña carpeta de favoritos e ir desempolvando algunhas ligazóns que tiña algo paradas.

Nun primeiro meneo atopo dúas referencias de aromas orientais.

En Jeaniejeani atopo esta reportaxe fotográfica do Wisteria Tunnel no xardín Kawachi Fuji (Kitakyushu, Xapón), que podería ser o contrapunto aos bonsais frikis de Takanori Aira, que parecen o resultado de miniaturizar o bosque dos ewoks.

Dan ganas de facerse pequeno e meterse nun deles.

Comments off

B/N

Un post en B/N

STEN AND LEX

NOSBE, by VITOSTREET

SATTERUGLY, en México, por Mala-Influencia.

Pipeados en Ekosystem.

Comments off

ARTE CON COCKTAIL MOLOTOV

Tirando do fío: Primeiro atopeino en Urban Art Core, onde aparecía destacado dentro do mellor feito nas rúas durante o ano 2011.

Logo saltei a Today and Tomorrow, onde falaban máis do proxecto “Eternal Flame”: Retratos realizados mediante materias compustibles e cocktails molotov como homenaxe aos soldados soviéticos que con estas rudimentarias armas enfrentáronse ás tropas nazis durante a II Guerra Mundial.

O resultado de todo o proceso, con estupenda cobertura fotográfica, o podes ver na web do seu autor: T-Radya.

Vai a ela leído que está en ruso.

 

Comments off

MALDITO COLUMPIO

Chego a Maldito Columpio a través de Cacahuete (Clara). Moita vida, moito día a día neste blog.

Esceas que parecen da miña mesma casa, o que supoño que significa que parecen da casa de todos.

Neste blog aparecen as súas ilustracións xunto con textos de Juan e demáis curiosidades.

Ela, coma min, e salvando as distancias, tamén é moi aficionada a ir recollendo a evolución dos seus cuadros, ainda que penso que é moito máis rápida e máis mellor…

Sempre acabo de bo humor cando vexo o que fai.

Comments off

GUY LARAMEE, OS LIBROS, A PAISAXE.

Esperando que todos voltárades con ben das natalicias festas, unha vez solventados os problemas técnicos da miña conexión a internet, póñome ao día visitando as miñas páxinas favoritas para atoparme en ARTSKILLS esta xoia: Guy Laramee, un artista que realiza instalacións con materiais peculiares (páxaros mortos, por exemplo) e que acaba de realizar un proxecto chamado Biblos, no que realiza recreacións paisaxísticas e monumentais a base de libros esculpidos (poño esculpidos por que non podo imaxinar un verbo máis axeitado). Non falamos de cousas pequenas, falamos de proxectos como o Cañón do Colorado a base de libros.

Espectacular. Que teñades bo ano.

Comments off

ENDARA, SEU PAI E UN MONTÓN DE PUNTOS

Miguel Endara grabou o proceso de realización dun retrato do seu pai .

Máis de tres millóns de puntiños feitos a rotulador ultrafino. Unha empresa realmente zen.

Hero from Miguel Endara on Vimeo.

Saqueino a través dos canadianos Drawn, que siguen na súa liña de alegrar a vida a calqueira.


Comments off

LABORANDO EN 3D

Non é que tolee con este tipo de cousas, pero teño que recoñecer que Joe & Max tómanse o seu traballo – pintar en tres dimensións, normalmente por encargo comercial, moi en serio, como demostra o seu novo traballo para Reebock.

De ter que buscar algo dunha sensibilidade ben distinta, pódovos remitir ao taller Jitesh Patel, de londres, que traballan en deseño persoalizado para encargos moi personais, e pensando neste nadal e nas postais que hai que ir preparando, quédome parvo vendo o seu traballo, tamén en 3D, pero feito a base de manipular papel.

É dicir, unha especie de origami brutalllll!!

Comments off

PALE HORSE E TIM MCDONAGH

Navegandito, navegandito, atópome ao diseñador coñecido por PALE HORSE, un tipazo que traballa con estética comic mixturado con cultura serigráfica varada entre os eventos WWF e a música heavy dos oitenta despois de chocar con un arrecife de ácido e de grafitti skate.

Así que rascándome a cabeza, lémbrome que hai unhas semanas atopeime coa páxina de McDonagh, que traballa con unha estética moi similar, ainda que con palos temáticos máis suaves, xa que incluso ten feito debuxos da miña adorada Joanna Newson.

Sen animo de entrar en comparacións en canto a calidade, detrás de McDonagh existe un universo enfermizo, en canto aos detalles e a súa capacidade de trasladar o desacougante á vida cotiá que lle confire un extraño poderío.

…e ademais gústanlle os paxaros. Unha aventura o seu blog.

Comments off

DALEAST

DALeast, DAL, é un artista chinés que traballa street art desde o ano 2004. Percorre o mundo deixando pegadas co seu estilo moi orixinal. Trazos casi bicolores: negros, grises, brancos, deixando que predomine o xesto, creando obras moi dinámicas, cheas de forza e vigor expresivo, onde os temas vinculados coa natureza, especialmente os animais, son os que están máis presentes.

Comments off